Impermeabilización de Terrazas en Muros e Noia: Solucións Definitivas as filtracións
¿Tes problemas de goteiras ou filtracións na túa terraza? En Lemos Renovafogar ofrecemos solucións definitivas para protexer o teu fogar aplicando a tecnoloxía de vangarda para acabar coas humidades para sempre.
Nas zonas de costa como Noia, Muros, Porto do Son ou Outes, as goteiras adoitan aparecer porque os illamentos non aguantan o salitre nin os movementos estruturais. A nosa membrana líquida de poliuretano é a solución máis avanzada para unha impermeabilizacion eficaz e duradeira.
O noso Método de Traballo: Calidade en cada capa
Para garantir que as goteiras e filtracións non volvan aparecer, seguimos un proceso técnico rigoroso que marca a diferenza:

Preparación do Soporte
Limpamos a fondo e saneamos calquera fenda existente para asegurar unha base sólida.

Imprimación Técnica
Aplicamos unha capa de imprimación profesional adaptada ao tipo de material para que a membrana se pegue ao soporte e non se solte co paso do tempo.

Reforzo xeotextil
Nos puntos críticos colocamos unha malla de reforzo. para ter resistencia extra polos movementos naturais da estrutura.

Aplicación de membrana
Creamos unha barreira continua e sen xuntas impedindo calquera paso de auga.

Barniz Protector
Para finalizar aplicamos un barniz protector para que a membrana non se deteriore coa radiación solar, mantendo as súas propiedades durante moitos máis anos.

Reforzo xeotextil
Nos puntos críticos colocamos unha malla de de reforzo. para ter resistencia extra polos movementos naturais da estrutura.
Na zonas de Muros e Noia, as terrazas e cubertas sofren un castigo que non hai no interior. Por iso, materiais convencionais aquí non duran nada.
- A chuvia persistente: O noso clima non dá tregua. Unha pequena fisura que non se ve a simple vista é suficiente para que a humidade se filtre e acabe provocando unha goteira no teito de abaixo.
- O «ataque» do salitre: O ambiente mariño transporta sales que penetran nos materiais porosos. Ao secar, o sal cristaliza e aumenta de tamaño, «reventando» os poros do morteiro e as xuntas das baldosas. Isto crea o camiño perfecto para que a auga entre.
¿A consecuencia? Os illamentos ríxidos acaban gretando e as teas asfálticas despréndense co tempo.
¿Por que escoller a Lemos Renovafogar na zona de Muros e Noia?
- Experiencia Local: Coñecemos como afecta o salitre e a chuvia persistente ás vivendas de Noia, Muros, Porto do Son e Outes.
- Resultados Duradeiros: Aplicamos sistemas de impermeabilización completos que impiden as goteiras e filtracións.
- Trato Próximo: compromiso coa calidade e coa satisfacción dos nosos veciños.
¡Non agardes a que a goteira vaia a máis!
Unha filtración a tempo ten fácil solución. Se esperas, o dano na estrutura pode ser moito máis custoso.
¿Necesitas un orzamento sen compromiso? Chámanos hoxe mesmo ou solicita a túa visita técnica para avaliar a túa terraza ou cuberta.



