Humidades que non reaparecen
Tratamento de Humidades e Pintura de Interiores na RÃa de Muros e Noia
En Lemos Renovafogar non so pintamos; saneamos fogares. A humidade é un inimigo constante que afecta á estética, á estrutura e, sobre todo, á saúde.
Se buscas unha solución definitiva en Noia, Muros, Outes ou Porto do Son, somos expertos en diagnosticar e tratar os tres tipos de humidade que sofren as vivendas
Humidade por Condensación
¿manchas negras nas esquinas, mofo detrás dos mobles ou vaho nas ventás?
A solución: Non basta con limpar a mancha. Aplicamos solucións que evitan que a auga se deposite na parede. Melloramos o confort da túa estancia de xeito inmediato.
Humidade por Capilaridade
Moi frecuente en casas de planta baixa ou de pedra. A auga sobe polos muros e desconcha a pintura.
A solución: Saneamos o revestimento e utilizamos materiais que permiten que o muro «respire» sen que a pintura se abombe nin caia, bloqueando a saÃda das sales minerais (salitre).
Humidade por Filtración
Cando a auga da chuvia atravesa o muro ou entra por pequenas fisuras.
A solución: Localizamos o punto de entrada e aplicamos barreiras técnicas e pinturas capaces de selar microfendas, garantindo que o interior da túa vivenda permaneza totalmente seco independentemente do temporal que faga fóra.
Pintura e Renovación de Interiores
Solucionado o problema , encargámonos de que a túa casa luzca espectacular:
Acabados de Alta Calidade: Pinturas con gran poder de cubrición e resistencia.
Pintura sen Cheiro: Ideal se vives na casa mentres traballamos, para que poidas durmir no cuarto o mesmo dÃa que se pinta.
Limpeza Rigurosa: Protexemos chan, rodapés e mobles. Garantizamos que ao marchar, a túa casa estea igual de limpa que cando chegamos, pero con un aire totalmente renovado.



Chama: ponlle fin as humidades e renova o teu fogar




