Calidade, técnica e compromiso
Reformas de Cociñas e Baños na Ría de Muros e Noia
En Lemos Renovafogar sabemos que a cociña e o baño son o corazón da túa vivenda. Por iso, ofrecemos solucións de reforma que combinan durabilidade, deseño e unha execución impecable.
Revestimentos e Solados
Traballamos tanto a tradición como a innovación en materiais para garantir que a túa reforma resista o paso do tempo.
Alicatados e Solados tradicionais: Colocación de cerámica e porcelánicos con acabados de alta precisión.
SPC e Vinilo: A opción ideal para quen busca renovar sen facer obra completa. Son materiais 100% resistentes á auga, perfectos para cociñas e baños polo seu mantemento sinxelo e a súa calidez.
Microcemento: Se buscas un estilo minimalista, sen xuntas, aplicamos este revestimento continuo de alta resistencia e estética premium.
Renovación de Baños: Deseño e Funcionalidade
Actualizar o teu baño mellora a túa calidade de vida e revaloriza a propiedade.
Realizamos:
Cambio de bañeira por prato de ducha: Reforma rápida para gañar espazo e seguridade.
Montaxe de sanitarios e billas: Instalación profesional garantindo a estanqueidade e o correcto funcionamento.
Instalación de mamparas: adaptándonos a calquera oco ou medida.
Reformas «Sen Obras»
Sabemos que o po e os cascallos son unha preocupación. En Lemos Renovafogar facemos reformas sen obras, utilizando revestimentos técnicos sobre os xa existentes. Conseguimos un cambio radical de imaxe nun tempo récord e sen os inconvenientes dunha obra tradicional.



Por que confiar en Lemos Renovafogar?
O noso traballo baséase en tres puntos para garantir un bo resultado:
- Coñecemento Técnico e Formación Continua: a técnica evoluciona cada día. Por iso, fórmamonos constantemente e traballamos coas mellores marcas para asegurar acabados estéticos, tecnicamente impecables e duradeiros.
- Limpeza e Orde: Sabemos que o que máis asusta dunha reforma é o desorde. Tratamos a túa casa co máximo respecto; traballamos de xeito organizado e protexemos cada recuncho para que a obra sexa o menos invasiva posible.
- Cumprimento de Prazos: A nosa palabra vale tanto como o noso traballo. Planificamos cada fase da reforma para cumprir os prazos acordados, porque sabemos que o teu tempo é importante
Dalle unha nova vida ao teu fogar
Especialistas en renovacións rápidas e limpas con acabados excelentes. Pide a túa visita e descubre o que podemos facer polo teu baño ou cociña en tempo récord




